Imaxe do dicionario
CPI Poeta Uxío Novoneyra / Fernández Moscoso, Iria (coord.)

Palabra no tempo. Dicionario de léxico patrimonial do Courel

Dicionario de léxico patrimonial do Courel recollido polo alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra no curso 2025/2026. Este traballo está dentro do programa 'Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional', coordinado polo ILG en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que integra o Plan Proxecta+ . Ademais recibiu o premio de innovación educativa en dinamización lingüística da Xunta...
Ver descrición
moradella

Creado por Zeltia o 13/05/2026 ás 11:21.

1.
Categoría gramatical

Substantivo feminino

Definición

Construción ou parede de pedra mal feita.

Exemplo

A túa cabana é unha moradella.

Lugar

Ferreirós

Concello

Folgoso do Courel

2.
Categoría gramatical

Substantivo feminino

Definición

Pedras que despois de arar quedan á vista e se amontoan, normalmente, de xeito circular.

Exemplo

Antes de sementar o pan nas Bouzas fixemos muitas moradellas.

Lugar

Vilamor

Concello

Folgoso do Courel

CPI Poeta Uxío Novoneyra / Fernández Moscoso, Iria (coord.). 2026. Palabra no tempo. Dicionario de léxico patrimonial do Courel. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 04/07/2026 ás 18:10].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios