CPI Poeta Uxío Novoneyra / Fernández Moscoso, Iria (coord.)
Palabra no tempo. Dicionario de léxico patrimonial do Courel
Dicionario de léxico patrimonial do Courel recollido polo alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra no curso 2025/2026.
Este traballo está dentro do programa 'Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional', coordinado polo ILG en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que integra o Plan Proxecta+ . Ademais recibiu o premio de innovación educativa en dinamización lingüística da Xunta...
Ver descrición
1.
Categoría gramatical
Substantivo masculino
Definición
Pel de res curtida que serve para gardar o viño.
Exemplo
Vai polos pelexos para bota-lo viño.
Lugar
Visuña
Concello
Folgoso do Courel
2.
Categoría gramatical
Substantivo masculino
Definición
Persoa preguiceira.
Exemplo
Móvete, que pareces un pelexo!
Lugar
Folgoso
Concello
Folgoso do Courel
CPI Poeta Uxío Novoneyra / Fernández Moscoso, Iria (coord.). 2026. Palabra no tempo. Dicionario de léxico patrimonial do Courel. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 04/07/2026 ás 19:27].
Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Inicia sesión para deixar un comentario.
Comentarios