Imaxe do dicionario
CPI Poeta Uxío Novoneyra / Fernández Moscoso, Iria (coord.)

Palabra no tempo. Dicionario de léxico patrimonial do Courel

Dicionario de léxico patrimonial do Courel recollido polo alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra no curso 2025/2026. Este traballo está dentro do programa 'Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional', coordinado polo ILG en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que integra o Plan Proxecta+ . Ademais recibiu o premio de innovación educativa en dinamización lingüística da Xunta...
Ver descrición
queixo de farraca

Creado por claudia o 29/05/2026 ás 12:19.

Categoría gramatical

Substantivo masculino

Definición

Queixo fresco de vaca que se corta cun ácido (limón, por exemplo) e que se pon a escorrer nun saco de tea (farraca).

Exemplo

Vai por uns limóns para facer queixo de farraca.

Lugar

Folgoso

Concello

Folgoso do Courel

CPI Poeta Uxío Novoneyra / Fernández Moscoso, Iria (coord.). 2026. Palabra no tempo. Dicionario de léxico patrimonial do Courel. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 05/07/2026 ás 09:26].

Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Inicia sesión para deixar un comentario.

Comentarios