Palabra no tempo. Dicionario de léxico patrimonial do Courel
Substantivo feminino
Anfibio velenoso de pel lisa e brillante de cor negra e manchas amarelas.
Choveu e saíron as zampexas.
Folgoso, Romeor, Vilamor
Folgoso do Courel
Substantivo feminino
Anfibio coa pel verdosa ou parda, anda a saltos, nada ben e vive en lugares onde hai auga.
A zampexa saltou da auga á terra.
Seceda
Folgoso do Courel
CPI Poeta Uxío Novoneyra / Fernández Moscoso, Iria (coord.). 2026. Palabra no tempo. Dicionario de léxico patrimonial do Courel. En Fernández Rei, Elisa & Álvarez de la Granja, María (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 04/07/2026 ás 20:40].
Este dicionario está dispoñible baixo licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Inicia sesión para deixar un comentario.