Entre os días 5 e 9 de setembro de 2011 celebrouse en Barcelona o XXIV Congreso do ICOS (International Council of Onomastics Science). A presenza galega foi notable, cunha importante participación de membros da AGOn, o que dá fe da vitalidade dos estudos onomásticos en Galicia.
As comunicacións dos participantes galegos trataron sobre distintos aspectos da onomástica (onomástica e lingüística; nomes na sociedade; antroponomástica; toponomástica; onomástica e historia; cartografía e nomes de lugar; estandarización; didáctica).
Estes foron os relatores e as súas comunicacións:
- Álvarez Pérez, Xosé Afonso: Edición dos materiais galegos do “Diccionario Geográfico Popular de España” de Camilo José Cela
- Boullón, Ana: Apelidos detoponímicos en Galicia
- Dourado, Rocío: Toponimia de base antroponímica no concello de Ribadeo (Lugo): apuntamentos para unha sistematización
- Feijoo, Vicente: As motivacións dos nomes das pedras en Galicia. Cultos, ritos e lendas
- García Cancela, Xermán e Gallego Prieto, Manuel: O Proxecto Toponimia de Galicia
- Marqués Valea, Xulia: Recreando a onomástica. Vinte e tantas propostas para a aula
- Martínez Lema, Paulo: Toponomástica, documentación medieval e fenomenoloxía lingüística: contribución para unha gramática histórica da lingua galega
- Méndez, Luz: Atlas Mundial Galego Online ou a estandarización nos medios de comunicación públicos galegos
- Rodríguez, Raquel: A onomástica das bodegas, viños e licores da D.O. Monterrei
- Sousa, Xulio: Nomes e números: algúns datos sobre frecuencia e distribución xeográfica de apelidos galegos
- Souto González, Marta: O territorio nomeado
- Vilar, Xosé Lois: A talasonimia galega
Na exposición bibliográfica do congreso tamén se puideron consultar varias publicacións galegas sobre onomástica do Instituto de Estudos Miñoranos e de Etnoga, Patrimonio cultura, nas cales traballaron membros de AGOn.