a
indefinite article
NOTA 1: Empregamos an en troques de a cando a seguir hai un son vocálico ou un h mudo. EX: An orange > Unha laranxa, An hour > Unha hora. Pero: A house > Unha casa; A university > Unha universidade. NOTA 2: Pl: some. |
un
A diferenza do galego, en inglés emprégase sempre o artigo cando se fala de profesións en singular. EX: She's a teacher > É profesora. Pero: They're students > Son estudantes. Tamén as exclamacións levan en inglés o artigo. EX: What a shame > Que vergoña. Pola contra, os substantivos en plural sen determinación, non levan artigo indeterminado. EX: Doctors say... > Uns doutores din.... |
EN His fingers found a pencil and then a cigarette packet.
GL As súas mans atoparon un lapis e un paquete de cigarros.
Fonte: RET (4370)
ao, · ó
EN He worked hard --seven hours a day; his subject was now the influence of something upon somebody --they were walking on and Mrs Ramsay did not quite catch the meaning, only the words, here and there... dissertation... fellowship... readership... lectureship.
GL Traballaba duro: sete horas ó día; o seu tema actualmente era a influencia de algo en alguén. Ían camiñando e a señora Ramsay non daba entendido axeitadamente o sentido do que dicía, fóra dalgunhas palabras de cando en vez... tese... investigación... lectorado... conferencia.
Fonte: CAR (111)
por
EN She had an independent income from safe investments of about a hundred dollars a year; her children were growing in years and grace; and she was a pleased and happy woman.
GL Aleck contaba cuns ingresos independentes derivados de investimentos comedidos de aproximadamente cen dólares por ano; as súas fillas estaban a crecer tanto en anos coma en gracia, e ela era unha muller satisfeita e afortunada.
Fonte: LEG (17)
[]
EN What a strange world unknown to most of us lies under our feet: we live above a cavernous land of waterfalls and rushing rivers, where tides ebb and flow as in the world above.
GL ¡Que mundo raro e descoñecido para a maioría de nós xace baixo os nosos pés! Vivimos sobre unha terra cavernosa, socavada por fervenzas e correntes fluviais, onde as mareas soben e baixan como no mundo de arriba.
Fonte: TER (2300)
|