actually
adverb
O inglés actually nunca debe traducirse polo galego
actualmente. Para este significado, o inglés emprega ou ben currently ou
at present. |
de feito
EN It is perfectly childish to be in deep mourning for a man who is actually staying for a whole week with you in your house as a guest.
GL É completamente infantil estar de loito por un home que de feito vai estar contigo durante toda a semana na túa casa como invitado.
Fonte: ERN (1118)
en realidade
EN The man may be disguised as a woman, or, alternatively, he may actually be a woman.
GL O home pode estar disfrazado de muller ou, pola outra banda, pode en realidade ser unha muller.
Fonte: ASA (3880)
realmente
EN It was so inadequate, what one could give in return; and what Rose felt was quite out of proportion to anything she actually was.
GL Era tan insuficiente o que se podía dar a cambio; e o que Rose sentía era completamente desproporcionado respecto do que ela era realmente.
Fonte: CAR (1190)
verdadeiramente
EN But many of them are actually just large courtyards containing small gardens decorated with flowers, plants, bamboo and rocks, like the ones that were once found in most of Suzhou's houses.
GL Algúns non son verdadeiramente máis ca grandes patios, cunha especie de xardíns cativos decorados con flores, plantas, bambú e cascallos de rocha como hai na maioría das vellas mansións de Suzhou.
Fonte: C22 (95)
efectivamente
EN Another major cause for concern is not reflected on this map: the number of children who actually finish the primary school cycle.
GL Outro motivo importante de preocupación que non se reflicte neste mapa é o número de nenos que conclúen efectivamente o ciclo de educación primaria.
Fonte: C02 (112)
de veras
EN And the local community actually supports it," explains biologist Mark Erdmann, who works as an adviser to the park and with the water sports association.
GL E a poboación apóianos de veras", explica o biólogo Mark Erdmann.
Fonte: C07 (812)
mesmo
EN Some will very quickly express a willingness to actually travel to meet us.
GL Mesmo algúns manifestarán o desexo de viaxar para coñecernos.
Fonte: C18 (1171)
de verdade
EN His hair disordered, and as it seemed to me greyer-either with dust and dirt or because its colour had actually faded.
GL Tiña o pelo revolto e, tal e como eu o vía, parecía máis gris -- debido ó po ou á sucidade ou ben porque a súa cor se esvaecera de verdade.
Fonte: TEM (277)
|