GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0811

ABAU/2016-2017/CD23/xuño/06

Commission23
Examination dateXuño
TopicA gastronomía

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Na actualidade, en pleno século XXI, estase dando unha importancia desmesurada á cociña e á gastronomía, pero quizais a sociedade toda aínda non é consciente da súa repercusión.

É certo que a alimentación é parte moi importante da nosa vida e, sobre todo, da nosa saúde. É por iso que está ben que se lle de importancia ao que comemos, que levemos unha dieta equilibrada... o que non está ben é a dimensión que nos últimos anos se está se lle está dando á gastronomía. Esta dimensión é a que leva a considerar a comida como unha arte, como espectáculo, en lugar de consideralo como o que é, un alimento. Se ben é certo que a comida polos entra polos ollos, o realmente importante debería ser a comida en si, a materia, e non as formas nin as cores. Un exemplo disto é, por exemplo, o programa TopChef. Neste programa o xurado dálle tanta ou máis importancia á presentacion que ao sabor da comida.

Pero o colm peor son as porcións, isto é, a cantidade de comida que hai no prato. Tanto no mencionado programa como nos restaurantes de luxo, os que teñen eEstrelas Michelín, a cantidade de comida que se ofrece é minúscula, sobre todo se a comparamos co seu desorbitado prezo.

O bo disto, o único positivo, é que o máis probable é que se trate dunha moda pasaxeira, e que as persoas comecen a darse de conta de que á hora de comer o importante é a comida, non as flores decorativas que fan do noso prato unha obra de arte. É máis, se ben a causa desta moda semella ser o desexo das persoas de comer ben, tamén esta será a causa do seu declive, en canto a sociedade comprenda que os artificios que se utilizan para elaborar os pratos, tales como o nitroxeno líquido, son as cousas máis perxudiciais para o noso corpo.

Polo tanto, pódese rematar coa certece de que esta moda, sen dúbida pasaxeira, vai deixar de selo en canto nós, os comensais, tomemos conciencia do realmente importante.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXTMulti-token Annotation