Na actualidade, en pleno século XXI, estase dando unha impor
tancia desmesurada á cociña e á gastronomía, pero quizais a sociedade
toda aínda non é consciente da súa repercusión.
É certo que a alimentación é parte moi importante da nosa vida e,
sobre todo, da nosa saúde. É por iso que está ben que se lle de importancia
ao que comemos, que levemos unha dieta equilibrada... o que non está
ben é a dimensión que nos últimos anos se está se lle está dando á
gastronomía. Esta dimensión é a que leva a considerar a comida como unha
arte, como espectáculo, en lugar de consideralo como o que é, un alimento.
Se ben é certo que a comida polos entra polos ollos, o realmente importante
debería ser a comida en si, a materia, e non as formas nin as cores. Un
exemplo disto é, por exemplo, o programa TopChef. Neste programa o xurado
dálle tanta ou máis importancia á presentacion que ao sabor da comida.
Pero o colm peor son as porcións, isto é, a cantidade de comida que hai
no prato. Tanto no mencionado programa como nos restaurantes de luxo,
os que teñen eEstrelas Michelín, a cantidade de comida que se ofrece
é minúscula, sobre todo se a comparamos co seu desorbitado prezo.
O bo disto, o único positivo, é que o máis probable é que se trate
dunha moda pasaxeira, e que as persoas comecen a darse de conta
de que á hora de comer o importante é a comida, non as flores
decorativas que fan do noso prato unha obra de arte. É máis, se ben a
causa desta moda semella ser o desexo das persoas de comer ben, tamén
esta será a causa do seu declive, en canto a sociedade comprenda
que os artificios que se utilizan para elaborar os pratos, tales como o
nitroxeno líquido, son as cousas máis perxudiciais para o noso corpo.
Polo tanto, pódese rematar coa certece de que esta moda, sen dúbida pasaxeira, vai deixar de selo en canto nós, os comensais, tomemos
conciencia do realmente importante.