CORT_0134
ABAU/2016-2017/CD04/xuño/36
Comisión Delegada | 04 |
Convocatoria del examen | Xuño |
Tema | Consumo e produción
|
Opciones de visualización
Texto:
Mostrar:
Etiquetas:
Javascript parece desconectado o hay un error de comunicación. Conecta Javascript para tener más opciones de visualización
O consumismo é dos fenómenos mais influíntes na sociedade
occidental na actualidade. Toda a producción e gran parte da
economía baséase no mesmo, a sociedade cada vez
As empresas merca mais obxectos, moitas veces innecesarios
pola crenza de que estes producirán satisfacción e felicidade
a quen os merque.
A publicidade ten unha grande importancia dentro disto,
xa que é a encargada de presentar novos productos
e conseguir atraer a atención dos consumidores. Ademais,
estase avanzando neste campo e incluíndo coñecementos
en psicoloxía, creando o que se coñece como neuropublicidade.
Isto está orientado a "manipular" a percepción do producto
na mente das persoas, facendo que lles chame mais a
atención e impulsándoos a mercalo. Nalgúns supermercados
ata dispensan algúns aromas en determinadas seccións para
atraer consumidores.
En definitiva, a productividade cada vez é maior grazas
aos avances técnicos que se producen e o consumismo
tamén aumenta debido aos valores da sociedade actual
e á publicidade. Todo o que nos arrodea pídenos
ou obríganos a consumir e a xente moitas veces
pensa que mercar un determinado producto lle
fará acadar un estado de felicidade, o cal normalmente
non é certo ou trátase dunha felicidade pasaxeira.
Como conclusión, direi que o consumismo cada vez
é mais influínte e que avanza nunha dirección que
considero pouco favorable para a sociedade.
Leyenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descarga a vista actual como TXT