GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0353

ABAU/2016-2017/CD09/xuño/26

Comisión Delegada09
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A gastronomía e a cociña están sendo moi populares na actualidade e na miña opinión, non é unha cuestión de moda.

Eu creo que este aumento da popularidade da gastronomía débese ao mundo globalizado no que vivimos. Con isto refírome a que á xente cando viaxa, (ou non necesariamente nunha viaxe), gústalle coñecer cousas doutras culturas; os seus costumes, as súas vestimentas, a súa lingua e tamén a súa gastronomía. Eu supoño que isto, no caso concreto de descubrir variedades na gastronomía, crea na xente unha afición polas comidas exóticas e, nalgúns casos, as leva a querer dedicarse a unha profesión coma a gastronomía.

Para explica Na miña opinión, a profesión de gastrónomo é unha profesión que ten que ser vocacional, é dicir, se a alguén non lle gusta probar alimentos exóticos, nunca se vai dedicar a esta profesión, por iso creo que esta profesión non aumentou a súa popularidade por "estar de moda".

Porén, eu penso que este aumento da popularidade desta profesión vai desembocar nun cambio na gastronomía, non a nivel mundial, por suposto, pero si nun amplio rango. Tamén creo que este cambio na gastronomía, de producirse, vai ser lento e progresivo.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt