II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico

Data inicio: 
Thursday, June 15, 2023 - 00:00

A II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico pretende ser un encontro de investigadores e investigadoras para promover e difundir os traballos sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas. Esta segunda edición céntrase no estudo da variación e do cambio lingüístico en espazos urbanos. O propósito fundamental é incentivar o interese pola investigación lingüística, desde distintas perspectivas e con diferentes obxectivos, nas cidades e nos núcleos de concentración de poboación. As propostas poden abordar tanto a variación interlingüística coma intralingüística.

Poster: 

Sección

Cronograma

Envío de resumos: prazo aberto ata o 15 de xuño de 2023

Comunicación de aceptación de resumos: 15 de xullo de 2023

Inscrición para asistentes: do 1 ao 30 de setembro de 2023

Xornada: 9 de outubro de 2023

Submisións

As propostas de comunicacións orais deben concordar co tema do encontro, a variación e o cambio lingüístico en espazos urbanos, e serán seleccionadas por un proceso de pares cegos. É necesario encher o formulario e envialo a marta.negro@usc.gal.

Idiomas de traballo: acéptanse todas as linguas románicas

As comunicacións orais terán unha duración de 20 minutos.