logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- beggar-man, begin, beginner, beginning, begrimed, beguile, beguiled, behalf, behave, behaviour, behavioural, behead, behest, behind, behold, beholder, behoove, Beijing, being


behaviour

- behavior

- noun
- comportamento

EN The buzz from the hunters was one of admiration at this handsome behaviour.
GL O murmurio dos cazadores era agora de admiración polo seu nobre comportamento.
- Fonte: SEN (1995)
- conduta

- A forma ortográfica correcta deste termo é conduta. Na normativa anterior a 2003, a forma ortográfica correcta era conducta, que é a que se recolle no exemplo.

EN Beneath her forms as well detachment had learned to sit, and behaviour had become for her, in the social sense, a false account of herself.
GL Baixo a aparencia dela, tamén tomara asento a indiferencia, e a súa conducta convertérase, no sentido social, nunha versión falsa de si mesma.
- Fonte: BES (275)
.....--- bad behaviour
- indisciplina

EN UNESCO education specialist Alexandra Draxler does not see bad behaviour as a plague or isolated phenomenon but as "a by-product of the tremendous advance in individual rights and the broad democratization of public life over the last 25 to 30 years".
GL Alexandra Draxler, experta da UNESCO en materia de educación, prefire non ve-la indisciplina como unha praga ou un fenómeno illado, senón como "a contrapartida do enorme avance dos dereitos dos individuos, da democratización xeneralizada da vida pública que se produciu nos últimos vintecinco ou trinta anos.
- Fonte: C10 (870)