logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- bodyguard, bodywork, bog, bogeyman, bogus, bogy, bohemian, boil, boisterous, bold, boldly, boldness, bole, Bolivarian, Bolivia, Bolivian, bollocks, Bollywood, Bologna


bold


- adjective
- pronunciado

EN When the weather is fair and settled, they are clothed in blue and purple, and print their bold outlines on the clear evening sky; but, sometimes, when the rest of the landscape is cloudless, they will gather a hood of gray vapors about their summits, which, in the last rays of the setting sun, will glow and light up like a crown of glory.
GL Cando o tempo é bo e estable, as montañas vístense de azul e violeta, e pintan os seus contornos pronunciados no ceo azul da tardiña. Mais outras veces, cando o resto da paisaxe está despexada, acumulan unha nube de vapores grises sobre o cumio que, gracias ós últimos raios do solpor, brillan e resplandecen formando unha auréola luminosa.
- Fonte: RIP (15)
- afouto

EN Many of the servants of the Province-House had caught glimpses of a visage frowning down upon them, at morning or evening twilight,--or in the depths of night, while raking up the fire that glimmered on the hearth beneath; although, if any were bold enough to hold a torch before the picture, it would appear as black and undistinguishable as ever.
GL Moitos dos serventes da Casa da Provincia notaran miradas de aspecto torvo sobre eles polo luscofusco do abrente ou do serán, ou no medio da noite, encanto escallaban o lume que refulxía na cheminea de debaixo; contodo, se algún era bastante afouto para soster unha tea diante da pintura, aparecía tan negra e indistinguíbel como sempre.
- Fonte: EDW (43)
- ousado

EN They were awed, so still and large he stood, and a moment's pause fell, till the boldest one leaped straight for him.
GL Os lobos admiraron con abraio a súa corpulencia e maxestuosidade. Tras unha pausa de silencio tenso, o máis ousado deles botouse contra Buck.
- Fonte: CHA (1651)
- audaz

EN Vilayanur S. Ramachandran, Director of the Center for Brain and Cognition at the University of California at San Diego, has made a bold and controversial attempt to answer these intriguing questions by proposing a new scientific theory of art.
GL A esta difícil pregunta, Vilayanur S. Ramachandran, director do Centro de Estudio do Cerebro e da Cognición da Universidade de California (San Diego), dá unha resposta tan audaz como controvertida: unha nova teoría científica da arte que explica numerosas experiencias familiares.
- Fonte: C29 (1106)