logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- champion, championship, chance, chancel, chancellor, chandelier, change, changeable, changing, channel, chant, chanting, chaos, chaotic, chap, chapel, chaplet, chapter, char


channel


- noun
- canle

EN He plunged through the wooded breast of the island, flew down to the lower end, crossed a back channel filled with rough ice to another island, gained a third island, curved back to the main river and in desperation started to cross it.
GL Buck atravesou zoando as touzas da illa en que estaban, colleu a dirección dos baixíos, pasou alandillando por unha canle de xelo a outra illa, chegou a unha terceira, topou co río e, desesperado, mergullouse na auga.
- Fonte: CHA (481)
- canal

- Esta forma culta posúe xénero ambiguo: emprégase en feminino ao tratarse do canal para conducir a auga e do conduto acanalado de madeira, pedra ou metal. Porén, ao referirse ao paso entre dous mares ou á vía de comunicación acuática ten xénero masculino.

EN She had taught him where the Mozambique Channel was and what was the longest river in America and what was the name of the highest mountain in the moon.
GL Ensináralle onde ficaba o Canal de Mozambique, e cal era o río máis longo de América, e como se chamaba a montaña máis alta da lúa.
- Fonte: RET (97)
- vía

EN The main sewer, half as wide as the Thames, rushes by under a huge arch, fed by tributary streams: these streams have fallen in waterfalls from higher levels and have been purified in their fall, so that only in these side channels is the air foul.
GL O conducto central, que é de ancho como a metade do Támesis, corre baixo unha enorme arcada, alimentado por afluentes laterais. Estas correntes caen en fervenzas desde niveis superiores e purifícanse na caída, así que o aire fede soamente nesas vías laterais.
- Fonte: TER (2302)
- cadea

EN His research, conducted with a media expert, concluded that the channel's "real function is not journalistic but commercial".
GL Esta investigación, levada a cabo por William Hoynes, profesor de socioloxía, concluíu que "a verdadeira función da cadea non é xornalística, senón comercial".
- Fonte: C08 (890)