çenso çenço çensso [çẽso]
| subst. |
subst. 1.- 'cargo, renda, foro, canon, pensión que se pagaba periodicamente en virtude dun contrato (podía ser de censo, de aforamento, de compra-venda, etc.)'. Çenso, 22.13 (1403) "que dedes a nós et ao dito moesteiro en cada hũu ano, por rrenda et foro et çenso et conoçemento ao ovẽeçal do vjño do jantar (...) porlo dito casal (...) vijnte morauidís"; 25.19 (1409) "afórouos os ditos herdamentos des oje este dito día endeante para senpre jamais por jur de herdade et porlos quaees herdamentos que vos así arrendo (...) auedes de dar a mỉ (...) para senpre por foro et çenso (...) en cada ũu ano vijnte et dous morauidís"; 40.14 (1440) "a qual casa vos vendo, saluo o çenso que vós (...) en ela avedes"; 48.17 (1455) "con o cargo et foro et çenso que eu ey de pagar". Çensso, 37.30 (1434) "pagando os ditos moços, sete brancas cada ano de çensso para senpre". Çẽsos, 41.58 (1443) "as sobreditas casas que vos así vendo (...) libres et desẽbargadas a todo tenpo a dereito de cargos et trebutos et çẽsos". {Cfr. s.v. cargo, encargo} |
____ | |
2.- contrabto de çenso é 'aquel polo que se suxeita un inmoble a pagar unha pensión anual, como interese e recoñecemento dun dominio que non se transmite co inmoble'. Este tipo de contrato está ligado intimamente ó de aforamento; de feito, na maioría dos casos, aparecen xuntos. Deste xeito, as condicións e o tipo de relacións son similares: a enfiteuse e o censo perpetuo. Do primeiro non engadirei máis, pois xa o tratei na carta de foro ou aforamento (cfr. s.v. carta6). No censo perpetuo existe a imposición feita sobre bens raíces, contraendo a obriga de non poder allea-lo ben que se comprou con esta carga sen dar conta primeiro ó señor do censo, para que use unha das dúas accións que lle competen: a) toma-lo ben polo mesmo prezo que outro dea, b) ou percibir parte de todo o prezo en que se axuste. Çenso, 51.10 (1463) "aforamos et damos en aforamẽto et çenso et por rrazõ de çenso perpetuu d' oje este día endiante para todo senpre jamais (...) nosa meetade de aquelas casas"; 51.57 "outrosí acontesçendo de algũa de nós (...) querer vender (..) en algũa maneira este dito aforamẽto (...) que o nõ posa faser saluo hũa parte aa outra tanto por tanto (...) et conprindo vós (...) esto que dito he, nós nẽ nosas voses nõ vos deuemos tirar nẽ quitar este dito aforamẽto et çenso que vos fasemos por máis nẽ por menos nẽ por al tãto que outra persona algũa por elo dé"; 51.66, 86, 105 "todavía esta carta et contrabto de aforamẽto et çenso et todo o cõtiúdo en el fique firme et valla para todo senpre"; 56.11 (1477) "aforo e dou en foro e çenso perpetuo para senpre jamays a vós"; 65.3, 9 (1494) "vos açensuamos et damos en çenso et por nome de çenso perpetuo a vós", 28, 36, 37, 47 (1412) "este dito contrabto de çenso", 59, 69 (1494). Çenço, 66.6 (1497) "aforo et dou en foro e çenço perpetuo para senpre jamays a vós"; 19 (1497) "afórovos et dou ẽno dito foro e çenço perpetuo para senpre jamays o dito terratorio et herdade sobredita". Cfr. s.v. [açensuar], {perpetuo} |