Events

Events archive

  • 09/17/25

    O evento Lexicography on the Road V, dirixido pola investigadora do ILG María José Domínguez, continúa ao longo do mes de outubro con conferencias e obradoiros a cargo de Ángel Huete-García (Universitat Rovira i Virgili), Ana Salgado (Universidade Nova de Lisboa) e Carlos Valcárcel Riveiro (Universidade de Vigo).

  • 09/16/25

    O profesor Petr Čermak, da Univerzita Karlova, presenta o martes 16 a primeira gramática do galego para checofalantes, da que é autor o lingüista checo Bohumil Zavadil. O acto terá lugar na sala académica da Facultade de Filoloxía, ás 12 horas.

  • 06/19/25

    Santiago de Compostela acollerá por cuarta vez, do 18 ao 20 de xuño de 2025, as investigadoras e investigadores do Atlas Linguistique Roman (ALiR) no seu XXV Simposio Internacional. A xornada do xoves 18 encóntrase aberta ao público xeral e non é necesaria a inscrición previa para poder asistir.

  • 06/19/25

    O 19 e 20 de xuño de 2025 vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC o Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza, organizado por varios membros do Instituto da Lingua Galega. Ata o 8 de xuño encóntrase aberto o prazo de inscrición

  • 06/11/25

    Anik Nandi, profesor da Woxsen University (India), ofrecerá o mércores 11 de xuño a conferencia Micropolíticas familiares e a cidadanía sociolingüística dos proxenitores galegos e vascos: ideoloxías, xestión e prácticas de revitalización lingüística. O evento, organizado polo Consello da Cultura Galega e o ILG, terá lugar lugar na sala de divulgación do noso centro ás 13 h.

Pages