Do 15 de maio ao 5 de xullo encóntrase aberto o prazo de matrícula para participar no Curso de Verán da USC Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos. Este curso proporcionaralle ao alumnado os contidos e competencias necesarios para a posta en marcha ou para a participación en proxectos de innovación dixital no ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais.
Events
Events archive
-
07/15/24
-
07/08/24
Neste curso preténdense analizar algúns dos desafíos máis relevantes que debe enfrontar a lingua galega na actualidade e no futuro próximo, como a transmisión interxeracional, o perigo da extinción dixital e a situación creada pola presenza de poboacións migrantes con diferentes linguas e cultura
-
06/27/24
A profesora e investigadora visitante no ILG Laura Lesta García, do Middlebury College, ofrecerá a conferencia Recontar a transición en Galicia: o humorismo gráfico de "Can sen Dono" o 27 de xuño, ás 13 h.
-
06/09/24
Chegamos ao último congreso da primeira fase do proxecto Toponomasticon Hispaniae, despois de celebrar o primeiro en Lleida (2022), o segundo en Madrid (2023), o terceiro en València (2024) e o cuarto en Uviéu (2024), coa publicación das actas respectivas.
-
05/30/24
O investigador visitante no ILG Luke Bishop, da University of Texas, ofrecerá a conferencia "Na miña variedade, sen dúbida": identidades diversas dos neofalantes na provincia de Ourense o xoves 30 de maio, ás 13 h, na nosa sala de divulgación.