O alumnado de 4º de grao e os titulados que estean facendo o seu primeiro ano de mestrado poden solicitar unha bolsa de colaboración no ILG. O prazo para presentar o proxecto no Instituto remata o martes 11 de setembro ás 14:00 h.
News
-
Bolsa de colaboración no ILG
09/04/18 -
Convocatoria pública de contratación de persoal
08/03/18Resolución 9/2018, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de agosto.
-
Novo número de Estudos de Lingüística Galega
07/31/18O número 10 da revista do ILG, correspondente ao ano 2018, acaba de ser publicado.
-
Patrimonio léxico da Gallaecia
07/20/18Investigadores do proxecto Patrimonio léxico da Gallaecia, coordinado desde o Instituto da Lingua Galega, participaron nunha reunión na Universidade do Porto.
-
Neofalantes na diáspora, apuntamentos para unha tipoloxía
07/20/18O día 23 de xullo ás 10.00 h, Facundo Reyna Muniain, da Universität Bremen e da Christian Albrechts Universität, ofreceu unha charla co título "Neofalantes na diáspora, apuntamentos para unha tipoloxía".
-
Nova versión do TILG
07/19/18O ILG pon á disposición do público unha nova edición do Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG).
-
Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional
07/19/18Cinco centros de ensino participaron no programa "Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional" do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.
-
ICCG10
07/16/18Do 16 ao 20 de xullo tivo lugar en París o Tenth International Conference on Construction Grammar.
-
O papel dos factores sociais no procesamento da fala bilingüe
07/11/18O venres 13 de xullo ás 13.00 h, Gisela Tomé Lourido, profesora de sociofonética na Universidade de Leeds, ofreceu unha charla sobre "O papel dos factores sociais no procesamento da fala bilingüe: o caso dos neofalantes".
-
Rosario Álvarez, presidenta do CCG
07/04/18A investigadora e profesora Rosario Álvarez tomou posesión como presidenta do Consello da Cultura Galega.