O 19 e 20 de xuño de 2025 vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC o Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza, organizado por varios membros do Instituto da Lingua Galega. Ata o 28 de febreiro encóntrase aberto o prazo para o envío de propostas de comunicación a nivel individual ou para conformar unha mesa.
Novedades
-
Destacado
Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza
19/06/25 -
Destacado
Obradoiros para TFG/TFM na Facultade de Filoloxía
25/02/25Os membros do ILG Iván Arias, Maite Sanmarco Bande e Xulio Sousa participan nos Obradoiros para TFG/TFM organizados pola Facultade de Filoloxía da USC e dirixidos a todo o alumnado do centro.
-
Destacado
Nova publicación sobre o Seminario de Estudos Galegos
19/02/25Henrique Monteagudo edita xunto a Ramón Villares o volume Saber de Nós. O Seminario de Estudos Galegos, publicado en liña polo Consello da Cultura Galega.
-
Destacado
Xosé Carracedo edita o volume 'Opera II: Ars grammatica', do bispo Xulián de Toledo
19/02/25Acaba de saír do prelo o volume Opera II: Ars grammatica, editado polo investigador do ILG Xosé Carracedo na editorial Brepols.
-
Destacado
Guía de apelidos galegos
18/02/25Xa está dispoñible a Guía de apelidos galegos, coordinada pola investigadora do ILG Ana Boullón e na que tamén traballaron os membros colaboradores do noso centro Gonzalo Navaza, Luz Méndez e Antón Palacio. O buscador conta con máis de 6.000 nomes de familia que abranguen aproximadamente o 95% da poboación galega.
-
Destacado
'Os outros nomes'. Estudos de Onomástica Galega IX
18/02/25Pódese consultar en liña o libro Os outros nomes, coordinado por Ana Boullón e Luz Méndez e editado pola Real Academia Galega. O volume recolle as achegas da IX Xornada de Onomástica Galega que tivo lugar o pasado outubro no Museo de Pontevedra.
-
Destacado
Ramón Mariño Paz e José António Souto Cabo publican un libro sobre a Crónica de Santa María de Iria
22/01/25Ramón Mariño Paz e José António Souto Cabo son os autores do libro De Rui Vasques a Gregório de Lobariñas Feijó. Venturas e desventuras do Libro dos bispos de Yrea e Santiago, publicado pola editorial Sílex.
-
Destacado
Reyes Rodríguez publica un libro sobre a realidade sociolingüística da Limia Baixa
04/12/24Acaba de saír do prelo A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego, da investigadora do ILG Reyes Rodríguez Rodríguez, na colección Materiais Lingüísticos do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.
-
Destacado
Actividade formativa de recollida e validación de datos de voz en galego
22/11/24Esta actividade formativa, ofrecida polo Proxecto Nós en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e dirixida ao alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela, presenta un percorrido teórico e práctico de 25 horas polas tecnoloxías da fala en galego.
-
Destacado
Xulio Sousa e Ernesto González Seoane coordinan un manual de lingüística galega editado en De Gruyter
12/11/24Acaba de saír do prelo Manual of Galician Linguistics, unha obra coordinada por Xulio Sousa e Ernesto González Seoane na editorial alemá De Gruyter e concibida para servir como traballo de referencia fundamental para o estudo da lingua galega.