Este curso será impartido pola profesora Elisângela Santana dos Santos, da Universidade do Estado da Bahia, do 16 ao 18 de outubro na sala B10 da Facultade de Filoloxía da USC.
Novedades
-
Introdução aos estudos semântico-lexicais em língua portuguesa: perspetiva cognitiva socio-histórica
16/10/23 -
Isabel Molina e Leonardo Marcotulio na "II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico"
09/10/23Isabel Molina Martos, da Universidade de Alcalá de Henares, e Leonardo Lennertz Marcotulio, da Universidade de Aveiro, son os conferenciantes convidados na II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, que terá lugar o 9 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC.
-
II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
09/10/23Esta xornada, que pretende ser un encontro de investigadores e investigadoras para promover e difundir os traballos sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas, terá lugar o luns 9 de outubro no salón de graos da Facultade de Filoloxía.
-
Aberto o prazo de inscrición da "II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico"
09/10/23Do 1 ao 30 de setembro encóntrase aberto o prazo de inscrición para asistir á II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, organizada polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro. Na páxina do evento pode efectuarse a inscrición e consultar o programa definitivo.
-
Aberto o prazo de inscrición no Plan Proxecta
29/09/23Ata o 29 de setembro está aberto o prazo para que os centros de ensino se inscriban no Plan Proxecta da Xunta de Galicia, en que participa o ILG con dous programas.
-
"Visita e café" con Angelo de Souza Sampaio
28/09/23O xoves 28 Angelo de Souza Sampaio, da Universidade Federal da Bahia (UFBA), conversará na terceira sesión de "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar durante o seu ano no ILG.
-
"Visita e café" con Cecilia Farias
21/09/23O xoves 21 Cecilia Farias, da Universidade de São Paulo, conversará na segunda sesión de "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar durante o seu mes de estadía.
-
O ILG inaugura as charlas informais "Visita e café"
18/09/23Este curso inaugúrase no ILG a actividade Visita e café para poder coñecer a investigación e intereses do profesorado visitante do Instituto e poder achegarlle ideas e suxestións.
-
Artigo en ELG de Maria José Carvalho
14/09/23Maria José Carvalho, da Universidade de Coimbra, publica no último número de Estudos de Lingüística Galega o artigo "Metafonia e inflexão vocálica na história do português. Breve comparação com algumas línguas ibero-românicas".
-
"Visita e café" con Laura Lesta García
14/09/23Este curso inaugúrase no ILG a actividade Visita e café para poder coñecer a investigación e intereses do profesorado visitante do Instituto e poder achegarlle ideas e suxestións.