Nova lista de difusión de CLARIAH-GAL

Data: 
Lunes, Marzo 17, 2025 - 14:15
Imaxe: 

Desde hai uns días contamos cunha lista de difusión de CLARIAH-GAL, nodo galego de CLARIAH-ES, impulsado polo Instituto da Lingua Galega e polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC. 

CLARIAH-ES é unha infraestrutura distribuída de investigación, constituída por doce entidades españolas, que está integrada nas infraestruturas europeas de investigación para as Humanidades e Ciencias Sociais CLARIN e DARIAH. Esta nova lista de correo ten a finalidade de informar sobre as novidades relacionadas con estas infraestruturas e coas Humanidades Dixitais en xeral, que teñen lugar fóra e dentro de Galicia (cursos, xornadas, congresos, convocatorias...). 

As persoas interesadas en subscribirse poden facelo en https://listas.usc.gal/wws/info/clariah-gal ou enviando unha mensaxe a través do correo co que se queira estar subscrito a sympa@listas.usc.gal, co asunto “subscribe clariah-gal@listas.usc.gal” e o corpo da mensaxe baleiro. Se se quere enviar unha nova a través da lista, pódese escribir ao correo ilgsec@usc.gal