O ILG e o CiTIUS da USC ofertan catro prazas con perfil de enxeñaría (informática, telecomunicacións...) e outras áreas STEM para traballar dentro do Proxecto Nós no desenvolvemento de modelos de lingua de voz e texto.
Novidades
-
Destacado
Oferta de contratos para o desenvolvemento de modelos de lingua e IA
17/12/24 -
Destacado
Reyes Rodríguez publica un libro sobre a realidade sociolingüística da Limia Baixa
04/12/24Acaba de saír do prelo A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego, da investigadora do ILG Reyes Rodríguez Rodríguez, na colección Materiais Lingüísticos do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.
-
Destacado
Novo artigo en ELG sobre actitudes lingüísticas
27/11/24Ana María Iglesias Álvarez, da Universidade de Vigo, Pedro Álvarez Mosquera, da Universidad de Salamanca e da University of South Africa, e Alejandro Marín Gutiérrez, da Universidad del Atlántico Medio, asinan o artigo "Explorando actitudes lingüísticas implícitas e explícitas: o caso galego" no n.º 16 da revista Estudos de Lingüística Galega.
-
Destacado
Actividade formativa de recollida e validación de datos de voz en galego
22/11/24Esta actividade formativa, ofrecida polo Proxecto Nós en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e dirixida ao alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela, presenta un percorrido teórico e práctico de 25 horas polas tecnoloxías da fala en galego.
-
Destacado
Xulio Sousa e Ernesto González Seoane coordinan un manual de lingüística galega editado en De Gruyter
12/11/24Acaba de saír do prelo Manual of Galician Linguistics, unha obra coordinada por Xulio Sousa e Ernesto González Seoane na editorial alemá De Gruyter e concibida para servir como traballo de referencia fundamental para o estudo da lingua galega.
-
Destacado
Novo manual para as aulas de Lingua Galega e Literatura
11/10/24Encóntrase dispoñible en liña o documento de traballo Recursos e novas metodoloxías para as aulas de Lingua Galega e Literatura, coordinado polas investigadoras do ILG María Álvarez de la Granja e Elisa Fernández Rei e polo profesor de ensino secundario Nel Vidal Barral, e editado polo Consello da Cultura Galega.
-
Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza
19/06/25O 19 e 20 de xuño de 2025 vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC o Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza, organizado por varios membros do Instituto da Lingua Galega. Ata o 28 de febreiro encóntrase aberto o prazo para o envío de propostas de comunicación a nivel individual ou para conformar unha mesa.
-
Speakers and language standards in Flanders, Norway and Southafrica: ongoing processes and new lines of research
14/01/25O Instituto da Lingua Galega e o proxecto EstandaRev, que se dedica ao estudo comparado dos fundamentos valorativos e ideolóxicos da estandarización de español, catalán, galego e éuscaro en España, organizan este coloquio sobre as e os falantes perante os estándares lingüísticos en Flandres, Noruega e Suráfrica.
-
LingüisticaMente IV. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística
13/12/24O 13 de decembro terá lugar no ILG unha nova edición de LingüisticaMente. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística, xornada organizada polo noso centro, o Instituto de Psicoloxía e o Grupo Procesos Cognitivos e Conduta (PCC) da USC. Tamén existirá a posibilidade de seguir a emisión en directo a través da nosa canle de Youtube.
-
O BNG visita o Instituto da Lingua Galega
10/12/24Hoxe recibimos no Instituto da Lingua Galega unha delegación do BNG integrada por Ana Pontón, voceira do partido, a deputada Mercedes Queixas Zas e o deputado Daniel Castro García, que solicitaron manter unha reunión coa dirección do centro.