Obradoiros para TFG/TFM na Facultade de Filoloxía

Data: 
Martes, Febrero 25, 2025 - 16:00
Imaxe: 

O martes 25 de febreiro, ás 16 h, darán inicio na Facultade de Filoloxía da USC os Obradoiros para TFG/TFM co noso compañeiro Xulio Sousa, quen falará sobre “Autoría e plaxio nos traballos académicos”. O mesmo día, ás 17 h, o tamén investigador do ILG Iván Arias ofrecerá o obradoiro “Recursos e ferramentas para a análise lingüística baseada en corpus II: Sketch Engine”.

O xoves 27, a investigadora Maite Sanmarco Bande falará, ás 16 h, sobre “Como mellorar a nosa técnica de expresión oral no ámbito académico” e, ás 17:00 h, levará a cabo a segunda parte deste taller.

Os obradoiros terán lugar na sala B10 da Facultade de Filoloxía e están dirixidos a todo o alumnado do centro.