Dolores Vilavedra na xornada "Narrativas da nova diáspora galega"

Data: 
Thursday, November 10, 2022 - 09:30

A investigadora do ILG Dolores Vilavedra participa o día 10 na xornada Narrativas da nova diáspora galega, organizada polo Consello da Cultura Galega, coa conferencia "A narrativa galega e as novas diásporas: claves de lectura e desafíos pendentes".

Este encontro pretende explorar as ficcións culturais que xurdiron nos últimos anos arredor da nova vaga migratoria galega cara ao exterior a partir da crise económica de 2008.