Entrega de premios do concurso de vídeo Móvete
O 22 de outubro, ás 17.00 h, terá lugar no salón de actos da Facultade de Filoloxía da USC a entrega de premios do concurso de vídeo Móvete, dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Este concurso, ao que se presentaron 38 vídeos, forma parte das actividades de conmemoración dos 50 anos do ILG.
O acto estará conducido por Esther Estévez, presentadora do programa #DígochoEU da RTVG, e contará coa actuación musical de Pauliña. As persoas que desexen asistir deberán de enviar un correo a ilgsec@usc.gal.
Ademais, poderase seguir en directo a través da canle de Youtube da USC na seguinte ligazón: https://youtu.be/P_nJY356ASo.