Entrega de premios do concurso de vídeo Móvete

Data: 
domingo, Outubro 17, 2021 - 21:45
Imaxe: 

O 22 de outubro, ás 17.00 h, terá lugar no salón de actos da Facultade de Filoloxía da USC a entrega de premios do concurso de vídeo Móvete, dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Este concurso, ao que se presentaron 38 vídeos, forma parte das actividades de conmemoración dos 50 anos do ILG.

O acto estará conducido por Esther Estévez, presentadora do programa #DígochoEU da RTVG, e contará coa actuación musical de Pauliña. As persoas que desexen asistir deberán de enviar un correo a ilgsec@usc.gal.

Ademais, poderase seguir en directo a través da canle de Youtube da USC na seguinte ligazón:  https://youtu.be/P_nJY356ASo.