News

  • Número especial da revista Languages sobre lingüística galega

    08/06/25

    Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira editan un número especial da revista en liña Languages, dedicada aos estudos interdisciplinarios de linguas, baixo o título New Developments in Galician Linguistics. O obxectivo deste número é presentar unha mostra representativa do estado da investigación sobre a lingüística galega. 

  • Oferta de emprego no Proxecto Nós

    07/25/25

    Está aberta unha nova oportunidade profesional no Proxecto Nós, que procura profesionais con experiencia en tecnoloxías lingüísticas e interese por contribuír ao futuro dixital da lingua galega. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 1 de agosto de 2025. 

  • Nova publicación sobre a poesía popular oral co gallo das Letras Galegas

    06/25/25

    A investigadora do ILG Ana Boullón edita e coordina o volume Canta ti, cantarei eu. A poesía popular oral, publicado por Edicións USC, co gallo do Día das Letras Galegas. Nel poden lerse os traballos dos membros do noso centro Antón Santamarina e María Álvarez de la Granja.

  • XXV Simposio Internacional do Atlas Linguistique Roman

    06/19/25

    Santiago de Compostela acollerá por cuarta vez, do 18 ao 20 de xuño de 2025, as investigadoras e investigadores do Atlas Linguistique Roman (ALiR) no seu XXV Simposio Internacional. A xornada do xoves 18 encóntrase aberta ao público xeral e non é necesaria a inscrición previa para poder asistir.

  • Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza

    06/19/25

    O 19 e 20 de xuño de 2025 vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC o Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza, organizado por varios membros do Instituto da Lingua Galega. Ata o 8 de xuño encóntrase aberto o prazo de inscrición

  • Investigadoras do ILG na Xornada Con-Ciencia

    06/16/25

    As investigadoras do ILG  Marta Negro Romero e Reyes Rodríguez Rodríguez participaron o 16 de xuño na II Xornada de Experiencias Con-Ciencia co obradoiro Consigue o teu título de detective lingüístico. O alumnado de 1.º de bacharelato do IES Xulián Magariños de Negreira puido achegarse dun xeito lúdico á investigación lingüística do galego a través de distintos recursos en liña desenvoltos no ILG.

  • Visita de estudantes da Philipps-Universität Marburg

    06/13/25

    O pasado 13 de xuño recibimos a visita dun grupo de estudantes de Filoloxía Hispánica da Philipps-Universität Marburg, que puideron coñecer o ILG e o traballo que se leva a cabo no centro.

  • Conferencia de Anik Nandi no ILG

    06/11/25

    Anik Nandi, profesor da Woxsen University (India), ofrecerá o mércores 11 de xuño a conferencia Micropolíticas familiares e a cidadanía sociolingüística dos proxenitores galegos e vascos: ideoloxías, xestión e prácticas de revitalización lingüística. O evento, organizado polo Consello da Cultura Galega e o ILG, terá lugar lugar na sala de divulgación do noso centro ás 13 h.

  • Visita da URALIC Centre for Indigenous Peoples ao ILG

    06/09/25

    A delegación da organización estoniana URALIC Centre for Indigenous Peoples, ONG con base en Estonia que promove os dereitos lingüísticos das comunidades indíxenas, especialmente do ámbito urálico, visitou o 9 de xuño o noso centro na compaña de Marcos Maceira, presidente de  A Mesa.

  • V Congreso Toponomasticon Hispaniae. O camiño hispánico do étimo aos topónimos

    06/09/25

    Encóntrase aberto ata o 31 de maio o período de inscrición para asisitir ao V Congreso Toponomasticon Hispaniae, último da primeira fase do proxecto do mesmo nome e que terá lugar do 9 ao 11 de xuño de 2025 na Facultade de Filoloxía da USC.

Pages