'Informe sobre a situación da lingua galega segundo os datos do Instituto Galego de Estatística de 2023'

Data: 
xoves, Marzo 13, 2025 - 13:45
Imaxe: 
sociolingüística de Galicia (1992-2023)', publicado pola Real Academia Galega.
 
O informe analiza a vitalidade do idioma galego a partir dos datos recollidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE) en 2023. Achéganse aquí as cifras máis relevantes e discútense os aspectos máis salientables. Ofrécese como un instrumento necesario para o diagnóstico da situación social do galego e a avaliación das políticas lingüísticas das últimas décadas.
 
Entre as principais conclusións, o informe establece que “Por primeira vez, o galego perde a condición de lingua habitual da maior parte da poboación. Nas dúas últimas décadas, o número de galegofalantes (monolingües ou bilingües) descendeu en 400.000 individuos, mentres que o de falantes de castelán se incrementou en 380.000 individuos “. 
 
A peor situación para a lingua está na xente máis nova: “as respostas (fala) sempre en galego e máis en galego ca en castelán suman o 16%, o que supón aproximadamente 34.000 galegofalantes de 5 a 14 anos, fronte a uns 180.000 do castelán. A caída nas dúas décadas que van desde 2003 a 2023 é descomunal”.
 
A panorámica presentada nesta análise apunta á necesidade de poñer en marcha, de forma urxente, políticas eficaces que revertan a situación de devalo do idioma de noso.