IV CILH
Do 17 ao 21 de xullo celebrouse na Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa o IV Congresso Internacional de Linguística Histórica, em homenagem ao profesor Ivo Castro.
Neste encontro participou o seguinte persoal do ILG:
-
Alba Aguete Cajiao / Elisa Fernández Rei: "Fonoloxización do contraste entre vogais medias en posición pretónica no galego actual"
-
Ana Isabel Boullón Agrelo: "O artificio das etimoloxías: elementos constitutivos da toponimia galega" (conferencia plenaria)
-
Ernesto González Seoane: "Estereotipos e iconización nas representacións do portugués en textos galegos da Idade Moderna" (conferencia plenaria)
-
Francisco Cidrás Escáneo: "Entre o saber e a fé. Construcionalização de seica e abofé como marcadores epistêmicos de assertividade em galego"
-
Henrique Monteagudo: "Variación lingüística e tradición manuscrita da lírica trobadoresca: unha achega desde o galego" (conferencia plenaria)
-
María Beatriz Domínguez Oroña: "Variación e cambio na expresión da alternancia causativa en pares verbais do galego"
-
Quezia dos Santos Lopes: "Uma análise construcional das perífrases de gerúndio de aspecto cursivo no Português"
-
Rosario Álvarez: "Laudatio" (sesión de homenaxe)
O IV CILH dá continuidade á serie iniciada en Salvador (Rosæ – I CILH, 2009) e seguida polas edicións de São Paulo (Castilho – II CILH, 2012) e Santiago de Compostela (Gallæcia – III CILH, 2015), que homenaxearon, respectivamente, a Rosa Virgínia Mattos e Silva, Ataliba Teixeira de Castilho, e aos profesores da USC e investigadores do ILG Ramón Lorenzo e Antón Santamarina.