Os idiomas do estado español. Un enfoque sociolingüístico
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/images_novas/thumbnail.jpg?itok=DPqPZ56z)
Os idiomas do estado español. Un enfoque sociolingüístico publícase como anexo 77 da revista Verba. A obra está dividida en dous bloques temáticos. No primeiro o seu autor, Pablo Sánchez Vidal, membro colaborador do ILG, revisa os criterios lingüísticos e sociolingüísticos empregados pola chamada Escola Filolóxica Española para considerar os idiomas do estado español como linguas ou como dialectos. No segundo bloque temático reflexiona sobre a influencia da ideoloxía do monolingüismo na categorización das variedades lingüísticas do estado español.
Pablo Sánchez Vidal é tamén autor de O debate normativo da lingua galega (1980-2000), publicado na Biblioteca Filolóxica do Instituto da Lingua Galega en 2010.