O vindeiro luns 20, ás 11 h, terá lugar unha nova "Visita e café" con Marilucia Barros de Oliveira, da Universidade Federal do Pará (Brasil).
News
-   
          "Visita e café" con Marilucia Barros de Oliveira11/20/23
-   
          O proxecto "Toponimia de Galicia e Portugal" publica novos topónimos11/17/23O subproxecto Toponimia de Galicia e Portugal do proxecto coordinado Toponomasticon Hispaniae, dos que é investigadora principal Ana Isabel Boullón Agrelo, acaba de facer públicos na súa páxina web novos topónimos. 
-   
          Portal da cultura impresa en lingua galega11/15/23Onte presentouse o novo recurso do ILG de acceso aberto Portal da cultura impresa en lingua galega, dirixido polo investigador do Instituto Pablo García Martínez. 
-   
          Nova publicación do ILG11/14/23As investigadoras do ILG María Álvarez de la Granja e Marta Negro Romero son as editoras do volume Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, que viu a luz recentemente na colección ensaio & investigación do Consello da Cultura Galega. 
-   
          Ciencia aberta e humanidades dixitais11/14/23Esta actividade de formación pretende conectar o público asistente, e particularmente o alumnado da Escola de Doutoramento Internacional da USC, co estado das humanidades dixitais e, dun xeito máis amplo, co estado da produción científica en acceso aberto. 
-   
          Pablo García obtén unha axuda Ramón y Cajal11/13/23O investigador do ILG Pablo García Martínez acaba de obter unha axuda Ramón y Cajal da Axencia Estatal de Investigación na convocatoria de 2022. 
-   
          ELG en Dialnet Métricas11/02/23Na última actualización do Índice Dialnet de Revistas (2022) a revista do ILG Estudos de Lingüística Galega figura no cuartil 1 no ámbito Filoloxías e no cuartil 2 en Lingüística. 
-   
          "Visita e café" con Luke Bishop10/30/23O luns 30 de outubro, Luke Bishop, da Universidade de Texas (Austin, EE.UU.), conversará na quinta "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar no ILG ao longo do seu ano de estadía. 
-   
          Dolores Vilavedra, representante do ILG no Consello da Cultura Galega10/27/23Tras acordo do Consello Científico celebrado no Instituto o 10 de outubro, Dolores Vilavedra é a nova representante da nosa institución no Pleno do Consello da Cultura Galega en substitución de Elisa Fernández Rei, actual directora do centro. Vilavedra tomou posesión o 25 de outubro na sesión celebrada na sede do Consello e presidida por Rosario Álvarez. 
-   
          Membros do ILG no "V Simpósio Profletras" da USP10/27/23María Álvarez de la Granja, Noemi Basanta Llanes e Marta Negro Romero participaron o 26 de outubro como relatoras convidadas no V Simpósio Profletras / II Seminário Internacional Profletras USP, organizado pola Universidade de São Paulo. As tres investigadoras do ILG integraron unha mesa redonda sobre o programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, promovido polo Instituto dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. 
 
							 
							 
							 
							 
							 
                  











