News

  • Destacado

    II Congreso Internacional de Aplicacións da Lingüística de Corpus na Didáctica das Linguas

    05/13/24

    Esta segunda edición reúne de novo lingüistas, profesorado e investigadores e investigadoras en lingüística de corpus, de distintas universidades españolas e europeas, co obxectivo de presentar os corpus como ferramentas para o ensino-aprendizaxe de linguas nativas e non nativas. A investigadora do ILG María Álvarez de la Granja ofrecerá a conferencia inaugural "Aplicacións didácticas dos corpus de lingua galega".

  • Destacado

    Conferencia de Víctor Bargiela no ILG

    04/30/24

    O investigador visitante no ILG Víctor Bargiela Zotes, da UNED, ofreceu o 30 de abril a conferencia Primeiras aproximacións ao estudo sociofonético da entoación nas Rías Baixas e na Costa da Morte na nosa sala de divulgación.

  • Destacado

    Henrique Monteagudo presenta dous novos libros

    04/24/24

    O mércores 24 de abril terá lugar no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC, ás 13 h, a presentación de A estandarización das linguas da Península Ibérica: procesos, problemas e novos horizontes, editado por Henrique Monteagudo na colección Ensaio & Investigación do Consello da Cultura Galega. Ese mesmo día, ás 19:30 h, Monteagudo presentará na libraría Couceiro o volume Galiza mater, raíz anterga. Manuel Rodrigues Lapa na lingua e a cultura galega, editado por Galaxia.

  • Destacado

    Premio no PROPOR 2024

    04/08/24

    Carmen Magariños, Alp Öktem, Antonio Moscoso Sánchez, Marta Vázquez Abuín, Noelia García Díaz, Adina Ioana Vladu, Elisa Fernández Rei e María Baqueiro Vidal, membros do  Proxecto Nós, recibiron o premio á mellor demostración na 16th International Conference on Computational Processing of Portuguese (PROPOR 2024) con "Nós-TTS: a Web User Interface for Galician Text-to-Speech".

  • Destacado

    Presentación de FONTEGAM e da nova versión de CODOLGA

    04/08/24

    Hoxe tivo lugar no Pazo de San Roque a presentación de FONTEGAM (Fontes Textuais da Galicia Medieval) e da versión 20 do CODOLGA (Corpus Documentale Latinum Gallaeciae). No acto estiveron presentes a directora do ILG, Elisa Fernández Rei; os investigadores do Instituto José Carracedo Fraga e Xavier Varela Barreiro; o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín Gómez, e Pilar Lorenzo, do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

  • Destacado

    I Faladoiro con Carme Ríos Panisse

    03/09/24

    O Día Internacional da Muller a Comisión de Xénero e Igualdade do ILG inaugurou o Ciclo de conversas coas mulleres do ILG cun faladoiro con Carme Ríos Panisse, unha das primeiras investigadoras do centro.

  • III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico

    11/08/24

    Esta terceira edición continúa a ter como principal obxectivo promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Serán por tanto aceptados traballos que traten calquera aspecto relacionado con esta área de investigación, se ben serán moi benvidos traballos que aborden en particular algunha das seguintes liñas temáticas:

  • IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico

    10/03/24

    IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro de 2024 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, quere seguir o espírito das tres anteriores edicións e aspira a converterse nun lugar de encontro de referencia para os académicos que se dedican á investigación da realidade lingüística do noroeste ibérico.

  • Curso de verán. Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos

    07/15/24

    Este curso de verán da USC proporcionaralle ao alumnado os contidos e competencias necesarios para a posta en marcha ou para a participación en proxectos de innovación dixital no ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais. Asemade, permitiralle achegarse a diferentes proxectos de Humanidades Dixitais, así como coñecer as infraestruturas dixitais de investigación DARIAH e CLARIN.

  • I Xeira CLARIAH-GAL

    05/02/24

    CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte, pola súa vez, das infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH. O próximo 2 de maio terá lugar a súa primeira Xeira na Facultade de Filoloxía da USC co obxectivo de presentar o nodo galego e difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia. 

Pages