News

  • Acto de ingreso na RAG de Ernesto González Seoane

    10/03/26

    O investigador do ILG Ernesto González Seoane ingresará como académico de número na Real Academia Galega o vindeiro sábado 3 de outubro. O acto oficial terá lugar, ás 12:00 horas, no Paraninfo da USC, espazo onde o catedrático pronunciará o discurso "Reflexións arredor da prescrición e a descrición no dicionario (académico)". Antón Santamarina será o encargado de darlle a réplica en nome da RAG.

  • Participación de membros do ILG no 'XXII Encontro de Morfólogos'

    10/02/26

    O edificio Redeiras de Vigo acollerá os días 1 e 2 de outubro de 2026 o XXII Encontro de Morfólogos . Baixo o lema “Tecer morfoloxías: estudos contrastivos e diversidade lingüística”. Esta cita contará coa presenza dos membros do noso centro Francisco Dubert, encargado de impartir unha das conferencias plenarias, María Álvarez de la Granja e Reyes Rodríguez Rodríguez.

  • Antón Santamarina recibe este mércores o Premio Luís Porteiro Garea

    09/16/26

    Antón Santamarina recibirá o Premio Luís Porteiro Garea o vindeiro mércores 16 de setembro nun acto institucional que terá lugar no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia ás 12:00 horas.

  • Visita e café con João Víctor Lima

    06/02/26

    O vindeiro martes 2 de xuño temos unha nova sesión de Visita e café co investigador João Víctor Lima Ferreira Dutra, da Universidade Federal Fluminense (Brasil), que está a realizar a súa estadía no ILG baixo a supervisión de Henrique Monteagudo.

  • Dolores Vilavedra, nova presidenta do Consello da Cultura Galega

    05/29/26

    Dolores Vilavedra, catedrática de Literatura Galega e investigadora do ILG, foi elixida o mércores 27 de maio nova presidenta do Consello da Cultura Galega polo pleno da institución en subtitución de Rosario Álvarez, que desempeñou o cargo ao longo destes oito últimos anos. Na actualidade, Vilavedra formaba parte do plenario do CCG en representación do noso centro e era vicepresidenta e coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación.

  • III Xeira CLARIAH-GAL

    05/29/26

    O 29 de maio terá lugar a III Xeira CLARIAH-GAL, iniciativa promovida por CLARIAH-GAL que busca favorecer o intercambio de coñecemento e a creación de redes entre investigadoras e investigadores que traballan nos ámbitos das Humanidades Dixitais e as tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. Nestes momentos encóntrase aberto o prazo de inscrición ata o 22 de maio de 2026.

  • Artigo de Elisa Fernández Rei e Pedro Oliveira sobre a prosodia e entoación do mirandés

    05/20/26

    Elisa Fernández Rei acaba de publicar, xunto a Pedro Guedes de Oliveira, da Université Jean Moulin Lyon III, o artigo "Prosodic and intonational patterns in Mirandese: An instrumental analysis of a minority language in Portugal". O texto pode consultarse no volume 12(1) da publicación en liña Isogloss.

  • Conferencia de M.ª Xesús Nogueira no Ateneo de Santiago

    05/11/26

    A investigadora do ILG María Xesús Nogueira vai ofrecer a conferencia "As mil vidas vividas de Begoña Caamaño" o luns 11 de maio, ás 19:30 h, no Ateneo de Santiago de Compostela.

  • Artigo de Estela Fidalgo sobre o piropo en 'Galicia 21'

    05/11/26

    A investigadora do ILG Estela Fidalgo Garra vén de publicar o artigo "O papel (des)cortés do humor na produción do piropo galego" na revista Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies, en que analiza as diferenzas xeracionais e de xénero á hora de empregar elementos humorísticos na produción do piropo.

  • Resolución definitiva da asignación de axudas para estadías no ILG

    05/06/26

    Acaba de facerse a pública a resolución definitiva de asignación de dúas axudas para a realización de estadías de investigación no Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela. As dúas persoas seleccionadas son Leticia-Tian Zhang, da Beijing Foreign Studies University, e Manuel Delicado Cantero, da Australian National University.

Pages