News

  • Defensa da tese de doutoramento de Concepción Álvarez Pousa

    11/26/21

    O venres 26 de novembro, ás 11:30 h, Concepción Álvarez Pousa defenderá a súa tese de doutoramento "A lingua da Terra de Viana do Bolo. Descrición dialectal e análise do cambio lingüístico".

  • Conferencia de Xosé Luís Regueira na Universidade do País Vasco

    11/24/21

    O investigador do ILG Xosé Luís Regueira participará no XI Seminario Internacional sobre Lengua y Literatura que terá lugar na Facultade de Letras da Universidade do País Vasco (Vitoria-Gasteiz) os días 24 e 25 de novembro.

  • Conferencia de Maria Rilda Alves da Silva Martins

    11/23/21
    O vindeiro martes 23, ás 11:30 h, a investigadora visitante Maria Rilda Alves da Silva Martins, da Universidade Federal do Pará, ofrecerá na sala de conferencias do instituto a charla Variação de nós e a gente nas capitais brasileiras: Estudo a partir do Corpus do Atlas Linguístico do Brasil. 
     
  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    11/19/21

    Convócanse dous contratos de investigación no ILG a tempo parcial (50% de dedicación). O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de novembro.

  • Dispoñibles en Youtube as sesións do Simposio ILG 2021

    11/08/21

    As sesións do Simposio ILG 2021 xa poden visualizarse na canle de Youtube da USC.

  • Obradoiro de Clara Lago Caamaño na Universidade de Zúrich

    10/28/21

    A investigadora Clara Lago Caamaño impartirá un obradoiro en que achegará o galego e a súa situación sociolingüística ao alumnado da Universidade de Zúrich, onde está a realizar unha estadía de investigación.

    Terá lugar os días 28 e 29 de outubro dentro das Xornadas galegas 2021: Galicia no RoSe.

  • Conferencia de Nicola Bermingham no ILG

    10/25/21

    A profesora da Universidade de Liverpool Nicola Bermingham, investigadora visitante no noso Instituto, ofrecerá a conferencia "Intersecting Language Ideologies: insights from the periphery" o xoves 28, ás 13:00 h, na sala de conferencias. 

    Resumo*:

  • Gonzalo Navaza, novo académico numerario da RAG

    10/25/21

    Gonzalo Navaza, colaborador externo do ILG, foi elixido académico de número no plenario ordinario da Real Academia Galega que tivo lugar o sábado. Ocupará a vacante deixada polo historiador Xosé Ramón Barreiro.

    O profesor da Universidade de Vigo forma parte da institución desde o ano 2012 como membro correspondente vinculado ao Seminario de Onomástica.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    10/21/21

    Convócase un contrato no ILG para labores de apoio na compilación e análise de corpus para o coñecemento da lingua das novas xeracións galegas. A súa duración é de 5 meses e a xornada do 75%. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 26 de outubro.

  • Defensa da tese de doutoramento de Vítor Míguez Rego

    10/18/21

    O luns 18 de outubro, ás 10:30 h, Vítor Míguez Rego defendeu a súa tese de doutoramento "Aproximación á modalidade epistémica en galego: o dominio adverbial", dirixida por Francisco Cidrás Escáneo.

Pages