En 2021 celebramos o 50 aniversario do Instituto da Lingua Galega. Como membro que fuches do Instituto, aledaríanos moito que estiveses presente connosco nesta data tan sinalada e que foses partícipe do noso cincuentenario.
News
-
Vídeos polo 50 aniversario do ILG
04/06/21 -
Convocatoria pública de contratación de persoal
03/25/21Convocatoria pública extraordinaria 2/2011 para a contratación de persoal investigador e de apoio á investigación.
-
Concurso Móvete
03/02/21O Instituto da Lingua Galega organiza o concurso de vídeo Móvete entre o estudantado dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega de fóra de Galicia con motivo da conmemoración do seu 50 aniversario.
-
Canle de YouTube
02/10/21O Instituto da Lingua Galega estrea canle de Youtube.
-
Simposio ILG 2020
02/08/21O tema proposto para este Simposio, organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega, pon o foco nos procesos de estandarización.
-
Análise do discurso, ideoloxías lingüísticas e contacto de linguas
01/26/21No marco do proxecto Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística, realizamos unha serie de tres seminarios nos que afondamos na relación existente entre a construción e a negociación da identidade, a emerxencia de ideoloxías lingüísticas na interacción verbal e a variación e o cambio lingüístico inducidos polo contacto.
AVISO IMPORTANTE: Tras realizar a inscrición, enviarase un correo con información sobre o seminario. Se non o reciben na súa caixa de entrada, comproben que non estea no spam.
-
Surname regions and dialectal variation in the Asturian linguistic space
01/14/21No último número da revista Journal of Linguistic Geography publícase un traballo de Xulio Sousa e María José Ginzo-Villamayor.
-
Plataforma colaborativa DOA
01/13/21A comezos do mes de xaneiro puxemos en marcha a través das redes sociais o proxecto DOA, no marco do subproxecto de Geoarpad Patrimonio léxico da Gallecia.
-
Nova ferramenta de xeración automática de galego e portugués: XeraWord
01/13/21Xa está dispoñible a ferramenta XeraWord, unha ferramenta piloto de xeración automática da frase nominal simple en galego e portugués.
-
Guía para o estudo da prosa galega medieval
01/08/21Os colaboradores do ILG Ricardo Pichel Gotérrez e Miguel García-Fernández participan na Guía para o estudo da prosa galega medieval