News

  • CODILI3

    06/23/14

    Entre o 23 e o 25 de xuño terá lugar o III Coloquio Internacional sobre Corpus Diacrónicos en Lenguas Iberorrománicas (CODILI3) na Universität Zürich.

  • Presentación do proxecto ALPI

    06/06/14

    O venres 6 de xuño ás 13 h no seminario A tivo lugar a presentación do proxecto Edición e elaboración dos materiais galegos do ALPI a cargo da investigadora Soraya Suárez Quintas.

  • I Simposium Internacional EDiSo 2014

    05/15/14

    Entre o 15 e o 16 de maio celebrarase en Sevilla o I Simposium Internacional EDiSo 2014, organizado pola Asociación de Estudios sobre Discurso y Sociedad (EDiSO).

  • ELG, representada na CRECS 2014

    05/08/14

    A revista Estudos de lingüística galega estivo representada na 4ª Conferencia internacional sobre calidad de revistas de ciencias sociales y humanidades (CRECS 2014).

  • O profesor Xosé Luís Regueira, na Universität Zürich

    05/07/14

    O profesor Xosé Luís Regueira impartiu na Universität Zürich unha conferencia titulada: "Aspectos prosódicos del gallego actual".

  • A profesora Rosario Álvarez en Niterói (Brasil)

    04/21/14

    A Universidade Federal Fluminense (UFF) convida a profesora Rosario Álvarez a participar nun curso sobre variación lingüística e comparación entre portugués e galego.

  • A profesora Rosario Álvarez na Universidade Federal da Bahia

    04/14/14

    A profesora Rosario Álvarez participa coa contribución "Para unha visión xeolingüística da fachada atlántica da Península Ibérica. Galego e portugués" nun seminario avanzado de posgraduación na Universidade Federal da Bahia.

  • A profesora Rosario Álvarez, convidada pola Universidade de São Paulo

    03/27/14

    Rosario Álvarez participou como investigadora convidada en varias actividades organizadas pola Cátedra de galego, o Grupo de Morfologia Histórica do Português e o Núcleo de Apoio à Pesquisa em Etimologia e História da Língua Portuguesa da Universidade de São Paulo.

  • 30 Forum Junge Romanistik

    03/27/14

    Entre o 27 e o 29 de marzo celebrarase na Universidade de Berna o 30 Forum Junge Romanistik: Räume der Romania.

  • As Encrobas, Noia, Ribadulla e Urdilde

    03/25/14

    Unha investigadora do ILG publica un volume que contén a edición crítica e o estudo léxico e onomástico de diversos documentos notariais en galego do século XV.

Pages