Convocatoria pública 5/2015 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).
Convocatoria pública 5/2015 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).
Entre o 6 e o 8 de abril celebrouse en Bos Aires o XI Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos 2015, titulado "Os estudos galegos ante o cambio social e cultural: identidades na fronteira, emigración e exilio".
Entre o 25 e o 26 de marzo celebrouse na Universidade de Santiago de Compostela o III Encontro da Mocidade Investigadora (EDI-USC).
Noemi Basanta Llanes, investigadora do ILG, foi convidada pola Goldsmiths University of London a pronunciar unha conferencia sobre xénero e identidade na linguaxe o día 24 de marzo.
Noemi Basanta Llanes, investigadora do ILG, visitou a University of Oxford, convidada polo Centre for Galician Studies, para pronunciar unha conferencia sobre xénero e identidade na linguaxe o día 9 de marzo.
O venres 20 de febreiro tivo lugar a presentación do proxecto Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega (CORILGA). A exposición realizouse no seminario A ás 13:00 h.
A revista Estudos de Lingüística Galega acaba de ser incluída, por decisión do NSD (Norwegian Social Science Data Services), no ERIH PLUS. A inclusión de ELG neste índice é un recoñecemento da calidade acadada por esta publicación.
Convocatoria pública 2/2015 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).
O venres 30 de xaneiro, ás 13:00 h, Hélen Silva, investigadora da Universidade Estadual de Londrina, realizou unha presentación sobre "O que os dados do ALiB revelam sobre o /r/ retroflexo em São Paulo".
O xoves 29 foi presentado en rolda de prensa o volume Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa, do que son editores Xulio Sousa, Marta Negro Romero e Rosario Álvarez.