Simposio ILG 2011. Textos, palabras e voces: corpora e ferramentas para a investigación lingüística

Data de inicio: 
Sábado, Noviembre 26, 2011 - 16:30

O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela vén organizando desde o ano 2001 simposios dedicados a temas específicos de interese para a nosa comunidade científica. A través destas iniciativas o ILG pretende propiciar a reflexión sobre o estado da cuestión dunha determinada materia, impulsar avances na investigación en parcelas da lingüística galega desatendidas ou non abondo desenvoltas e, asemade, contribuír á renovación en métodos e resultados. Este de 2011 coincide coa conmemoración do noso 40º aniversario e por iso acordamos programalo como un acto de compromiso coa innovación en materia de investigación lingüística.

Nova no Xornal da USC.

Poster: 

Sección