Toponimia: interpretación e actuación
Os obxectivos deste curso foron dar a coñece-la historia da conformación toponímica do territorio, as implicacións da toponimia con outras disciplinas (xeografía, marco xurídico, arqueoloxía e paisaxe, antropoloxía, literatura) e incentiva-la realización de actividades de recollida toponímica e de normalización lingüística.
Contou cun elevado número de asistentes (72), que asistiron de forma continuada e participaron en debates suscitados en torno ós temas expostos, o que demostra o interese que espertan os actos concibidos co fin de divulgar os estudos onomásticos e sensibilizar arredor da conservación e coidado do noso patrimonio toponímico.
Ós alumnos da USC que participaron concedéronselles dous crédito de libre configuración, e ós profesores de ensino non universitario a homologación como curso de formación por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por 30 horas lectivas.
Finalmente, concedéronse oito axudas económicas, sufragadas pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte (A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro e Ribeira) e mais polos concellos de Rois e Touro para facer recollida de microtoponimia en partes do seu territorio.