A investigadora do ILG Maite Sanmarco Bande impartiu o obradoiro Como mellorar a nosa técnica de expresión oral no ámbito académico o martes 9 de abril, de 13 a 15 h, na sala de divulgación do centro.
Actividades
Histórico de actividades
-
12/04/24
-
19/03/24
O 19 de marzo terá lugar no ILG o Validatón, un maratón de validación de fragmentos de voz en galego doados a Common Voice que está aberto ao estudantado de todas as titulacións de Filoloxía (non é preciso ser especialista en galego). Haberá agasallos sorpresa para todas as persoas que validen, ademais dun gran premio de 100€ para o campión ou campioa, que se entregará ao final da xornada.
-
20/02/24
Neste curso, impartido pola docente da Facultade de Matemáticas M.ª José Ginzo Villamayor os días 20, 27 e 29 de febreiro no ILG, preténdese explicar as diferentes funcións existentes na folla de cálculo Excel para automatizar traballos que permitan a preparación
-
30/01/24
O 30 de xaneiro, ás 11:30 h, terá lugar unha nova Visita e café con Víctor Bargiela Zotes, da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
-
20/12/23
O 20 de decembro terá lugar a xornada Lingüisticamente III, organizada polo grupo Procesos Gognitivos e Conduta, o Instituto da Lingua Galega e o grupo Filoloxía e Lingüística Galega da USC, na sala de conferencias do noso centro.