O 29 de maio terá lugar a III Xeira CLARIAH-GAL, iniciativa promovida por CLARIAH-GAL que busca favorecer o intercambio de coñecemento e a creación de redes entre investigadoras e investigadores que traballan nos ámbitos das Humanidades Dixitais e as tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. Nestes momentos encóntrase aberto o prazo para o envío de propostas de póster ata o 17 de abril de 2026.
Novedades
-
29/05/26
!
III Xeira CLARIAH-GAL
-
31/03/26
!
Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos das axudas a visitas de investigación
Acaba de publicarse a listaxe de persoas admitidas e excluídas que se presentaron á convocatoria de axudas para a realización de estadías de investigación no ILG. As persoas aspirantes poden reparar calquera erro ou omisión ata o 31 de marzo, ás 23:59 h, quedando excluídas definitivamente de non facelo.
-
10/03/26
!
Inauguración do Punto de Igualdade do ILG
O martes 10 de marzo, ás 11 h, inaugúrase o Punto de Igualdade do ILG creado pola Comisión de Xénero e Igualdade do centro. No acto intervirá Sonia Esperanza Rodríguez Boente, delegada para a Igualdade da USC, coa que se manterá a seguir unha conversa aberta.





