A II Xeira CLARIAH-GAL, que terá lugar o 9 de maio na Facultade de Filoloxía da USC, pretende ser un espazo para dar a coñecer as infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH, así como para difundir e pór en contacto proxectos e grupos de investigación galegos que traballen no ámbito das Humanidades Dixitais e das tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.
Novedades
-
09/05/25
!
II Xeira CLARIAH-GAL
-
02/04/25
!
Conferencia do profesor João Veloso sobre o portugués en Macau
O profesor João Veloso, da Universidade do Porto (Portugal) e xefe do Departamento de Portugués na Universidade de Macau (China), ofrecerá o mércores 2 de abril, ás 12 h, a conferencia "O português na paisagem linguística de Macau" no salón de graos da Facultade de Filoloxía (USC).
-
31/03/25
!
Validatón 2025: axúdanos a impulsar a tecnoloxía da fala en galego!
O Validatón 2025 é unha competición aberta ao alumnado das titulacións de Filoloxía en que poderá contribuír á creación de recursos para o galego en Common Voice. Haberá premios en metálico para cada unha das persoas gañadoras de cada categoría e para a persoa con máis contribucións totais, ademais dalgunha sorpresa e dun pequeno agasallo para o alumnado participante.