Novedades

  • 19/06/25 !

    Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza

    O 19 e 20 de xuño de 2025 vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC o Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza, organizado por varios membros do Instituto da Lingua Galega. Ata o 4 de abril encóntrase aberto o prazo de inscrición

  • 03/04/25 !

    Presentación do 'Manual of Galician Linguistic'

    O xoves 3 de abril, ás 12:30 h, vaise presentar o volume Manual of Galician Linguistics, publicado en De Gruyter, no salón de graos da Facultade de Filoloxía. No acto intervirán Ernesto González Seoane e Xulio Sousa, editores da obra, e o profesor da Facultade de Filoloxía da USC Víctor Longa Martínez.

  • 31/03/25 !

    Validatón 2025: axúdanos a impulsar a tecnoloxía da fala en galego!

    O Validatón 2025 é unha competición aberta ao alumnado das titulacións de Filoloxía en que poderá contribuír á creación de recursos para o galego en Common Voice. Haberá premios en metálico para cada unha das persoas gañadoras de cada categoría e para a persoa con máis contribucións totais, ademais dalgunha sorpresa e dun pequeno agasallo para o alumnado participante.