O Consello da Cultura Galega (CCG) pon á disposición do público a ferramenta Papés d’e emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846, a cal permite explorar e analizar a produción escrita en lingua galega durante un período clave da súa historia. Ramón Mariño Paz, investigador do ILG, e Damián Suárez Vázquez son os editores deste arquivo dixital.
Novedades
-
12/12/25
!
Ramón Mariño e Damián Suárez editan o arquivo dixital 'Papés d’e emprenta condenada'
-
04/12/25
!
O ILG impulsa un novo espazo anual de encontro coa celebración de ECOS
O ILG celebrou o pasado mes de decembro no Paraninfo da Universidade a primeira edición de ECOS: Coñecemento que resoa, iniciativa que nace coa vocación de converterse nun encontro anual de referencia. A xornada concibiuse como un espazo de diálogo e posta en común no que se compartiron os principais resultados do traballo desenvolvido ao longo de 2025, ao tempo que se reforzaron os lazos entre as persoas que integran o ILG e se abriron vías de reflexión sobre os retos e liñas estratéxicas de futuro.
-
27/11/25
!
O alumnado do STEMbach do IES Xelmírez II visitou o ILG para coñecer o proxecto Nós e as tecnoloxías da fala
O 27 de novembro o Instituto da Lingua Galega recibiu a visita do alumnado do Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) do IES Xelmírez II de Santiago de Compostela. A actividade enmárcase no compromiso do centro coa divulgación científica e coa promoción de vocacións vinculadas á investigación lingüística e ás Tecnoloxías da Linguaxe.





