O 29 de maio terá lugar a III Xeira CLARIAH-GAL, iniciativa promovida por CLARIAH-GAL que busca favorecer o intercambio de coñecemento e a creación de redes entre investigadoras e investigadores que traballan nos ámbitos das Humanidades Dixitais e as tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. Nestes momentos encóntrase aberto o prazo para o envío de propostas de póster ata o 17 de abril de 2026.
Novedades
-
29/05/26
!
III Xeira CLARIAH-GAL
-
06/04/26
!
Aberto o prazo de preinscrición para a XXXVI edición de 'Galego sen fronteiras'
Os cursos de verán de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras celebrarán a súa XXXVI edición do 3 ao 24 de xullo de 2026 en Santiago de Compostela. O prazo de preinscrición abre hoxe e permanecerá dispoñible ata o 6 de abril para todas as persoas de fóra de Galicia interesadas en participar.
-
10/03/26
!
Inauguración do Punto de Igualdade do ILG
O martes 10 de marzo, ás 11 h, inaugúrase o Punto de Igualdade do ILG creado pola Comisión de Xénero e Igualdade do centro. No acto intervirá Sonia Esperanza Rodríguez Boente, delegada para a Igualdade da USC, coa que se manterá a seguir unha conversa aberta.





