Ferramenta de análise cuantitativa Diatech
![](https://ilg.usc.gal/sites/default/files/styles/novas_img/public/actividades_img/gotzon_12_0.png?itok=h6DFSF5h)
O día 12 de decembro ás 12:30 horas no Salón de graos da Facultade de Filoloxía o profesor da Universidade do País Vasco (EHU) Gotzon Aurrekoetxea presentará a ferramenta de análise cuantitativa de datos dialectais Diatech (http://eudia.ehu.es/diatech/index/). Este instrumento web permite a análise estatística e a visualización en mapas e gráficos de información xeolingüística.
A presentación complementarase cunha sesión práctica que se desenvolverá o día 12 ás 16 horas na aula de informática de docencia da Facultade de Filoloxía (USC). O persoal docente e investigador interesado en asistir á sesión práctica debe inscribirse enviando un correo electrónico ó enderezo: ilgsec@usc.es. Número máximo de asistentes para a sesión práctica: 18 persoas.
Esta actividade está organizada por:
- Seminario permanente de análise e visualización de datos lingüísticos (ILG)
- Grupo de investigación EUDIA (Universidade do País Vasco)
- Grupo de investigación Filoloxía e lingüística galega (GI-1743, USC)