Convocatoria pública de contratación de persoal
Data: 
Jueves, Enero 9, 2014 - 19:15
PROXECTO
- Título da actividade: Edición e elaboración dos materiais galegos do ALPI
 - Referencia da actividade: 2013-PC038
 - Centro de traballo: Instituto da Lingua Galega
 - Investigador Principal: Xulio César Sousa Fernández
 - Número de prazas: 1
 
OBXECTO DA OBRA OU SERVIZO
- Traballo a realizar: Transcrición de materiais de investigación xeolingüística. Revisión de transcricións de materiais de investigación xeolingüística. Actualización e mantemento da base de datos do proxecto
 
CONDICIÓNS DO CONTRATO
- Retribución bruta mensual: 850,00 €
 - Duración do contrato: 10 meses
 - Data inicio prevista: 01/02/2014
 - Data fin prevista: 30/11/2014
 - Xornada laboral: tempo parcial
 
REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS
- REQUISITOS: Licenciado/a en Filoloxía Galega ou Grao en Lingua e Literatura Galegas
 - MÉRITOS: Experiencia en transcrición de textos (20 %), experiencia no tratamento de datos lingüísticos dialectais (20 %), publicacións científicas e participación en congresos (10%), participación en proxectos de investigación (20%), entrevista persoal ós candidatos que acaden as tres mellores puntuacións (30%)
 
Ligazóns: 
Descargas: 
                  




