Convocatoria pública de contratación de persoal

Data: 
xoves, Xaneiro 9, 2014 - 19:15
PROXECTO
  • Título da actividade: Edición e elaboración dos materiais galegos do ALPI
  • Referencia da actividade: 2013-PC038
  • Centro de traballo: Instituto da Lingua Galega
  • Investigador Principal: Xulio César Sousa Fernández
  • Número de prazas: 1
 
OBXECTO DA OBRA OU SERVIZO
  • Traballo a realizar: Transcrición de materiais de investigación xeolingüística. Revisión de transcricións de materiais de investigación xeolingüística. Actualización e mantemento da base de datos do proxecto
 
CONDICIÓNS DO CONTRATO
  • Retribución bruta mensual: 850,00 €
  • Duración do contrato: 10 meses
  • Data inicio prevista: 01/02/2014
  • Data fin prevista: 30/11/2014
  • Xornada laboral: tempo parcial
 
REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS
  • REQUISITOS: Licenciado/a en Filoloxía Galega ou Grao en Lingua e Literatura Galegas
  • MÉRITOS: Experiencia en transcrición de textos (20 %), experiencia no tratamento de datos lingüísticos dialectais (20 %), publicacións científicas e participación en congresos (10%), participación en proxectos de investigación (20%), entrevista persoal ós candidatos que acaden as tres mellores puntuacións (30%)

 

Descargas: