Presentación de Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas

Data: 
Miércoles, Noviembre 8, 2017 - 19:45
Imaxe: 

O profesor da Universidade de Vigo Xosé Antonio Fernández Salgado presentou o mércores 8 ás 19.45 h a súa última obra: Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas, publicada por Edicións Laiovento.

No acto, que se celebrou na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (praza de Cervantes), interviron o autor, o profesor Anxo Angueira e a investigadora do ILG Rosario Álvarez.

Xosé A. Fernández Salgado colabora no proxecto do ILG Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna. Catalogación, multiedición, glosario e estudo.